DÍA INTERNACIONAL DO IOGA EN PONTEVEDRA

 


II edición do Día Internacional do Ioga en Pontevedra 

Esther practica Ashtanga e Yin Ioga dende fai 11 anos. En 2020 comenzou a guiar estos dous métodos tan distintos e complementarios entre sí. É unha apaixonada da anatomía, da filosofía, da conciencia corporal e da escritura. Imparte clases e talleres vía zoom, presenciales en Pontevedra e publicou cinco libros prácticos de Yin Yoga.

O Yin Ioga Integral é un estilo pausado que che permite acceder de maneira consciente ao interior do corpo, a través do movemento suave, da forza interna, a flexibilidade e a conciencia corporal, creando espacios internos para recuperar a armonía e o equilibrio. Esta práctica está indicada para todas as persoas, independientemente do seu estado físico e idade.
No día do Ioga fará unha pequena presentación do seu libro 5 claves para practicar e ensinar Yin Yoga Integral e unha práctica completa.

Ademáis de poder practicar Yin Yoga Integral con ela, no stand poderás atopar os seus 5 libros e manuais prácticos de ioga (tanto en papel como en pdf) así como bonitas láminas de ilustracións de ioga.

Podes coñecela na práctica de Yin ioga ás 13h no escenario 🌒

 

TODO O QUE PRECISAS SABER⬇️

🔴¡Reserva este sábado 21, tes planazo!

🟠 Vota un ollo ao horario do evento, haberá 2 escenarios, un máis activo ☀️ e outro máis suave 🌒 , ambos aptos para todos os públicos.

🟡 Escolle as clases nas que queres participar.

🟢 Achégate no propio día 10-15 minutos antes da/s clase/s escollidas coa túa esteira para anotarte no stand do evento e recolle a túa participación para o sorteo.

🔵 Ten en conta que co Mundial Multisport haberá cortes de rúas en Pontevedra, chequea con tempo a túa ruta. Vémonos na Senda Fluvial do Río Gafos (Google Maps levarate directamente a nós https://maps.app.goo.gl/8kBsFCbzw3v2ZRUC7).

🟣 Desfruta dun ambiente yogui, comparte con xente interesante, proba estilos diferentes, coñece profes da cidade e móvete polo noso mercadillo: todo para a túa práctica de ioga, estilo de vida saudabel e comida e bebida para pasar o día.

⚪️ Ás 20.30h, co remate do evento, faremos o sorteo de 4 lotes donados polos negocios participantes no mercadillo. ¡Garda todas as túas participacións!

Tens mais información en https://www.instagram.com/diadoiogapontevedra/ 

 


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Gracias por comentar y compartir 😽